
Reglamento
Regulamento da Marcha
| 1. | A Peña Ciclista Val Miñor en colaboración co Concello de Nigran, e coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e organismos competentes, é o organizador da 6ª MARCHA BTT CONCELLO DE NIGRAN 2011, que se celebrará o 13 de novembro 2011. |
| 2. | Esta marcha está aberta a tódolos ciclistas maiores de 16 anos en posesión da licencia federativa en vigor. Quen non tivera dita licencia poderá tramitar a licencia dun día ( Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil) concedida pola Federación Galega de Ciclismo. |
| 3. | É obligatorio o uso de casco protector, levar visible a acreditación entregada pola organización, e os que esten federados presentar licencia federativa. |
| 4. | A ruta estará sinalizada, debendo os participantes respetar o itinerario e o ritmo marcado pola organización, non podendo ser rebasado o grupo de cabeza en ningún momento. |
| 5. | A Saida será ás 09:15 horas, dende o pavillón de deportes de Panxón para facer un percorrido duns 41 km. por pistas forestais dunha dificultade Media-Alta. Haberá puntos de reagrupamento e avituallamento que deberán ser respetados escrupulosamente por tódolos participantes. A organización resérvase o dereito de modificar o percorrido por mor climatolóxico ou de seguridade. |
| 6. | Os federados deberán aportar, no momento da entrega de distintivo, a licencia federativa. Quen non a posúa pode obter o permiso de 24 horas.(facilitado pola F.G.C.) pagando un suplemento de 12 Euros. |
| 7. | A inscripción poderá facerse ata o xoves día 11 de novembro na web www.nigranbtt.com cumprimentando o formulario de inscripción dispoñoble no sitio e ingresando o importe da inscripción nunha das seguintes contas bancarias da Peña Ciclista Val Miñor : 2080 5052 17 3000157065 2080 0560 93 3040003449 No xustificante de ingreso deberáse indicar claramente o D.N.I., NOME e APELIDOS da persoa que se inscribe para poder comprobar o pago da inscripción. Para finalizar a inscripcion débese enviar o xustificante de pago a dirección de correo electrónico inscripciones@nigranbtt.com |
| 8. | Só serán considerados participantes da marcha aqueles que realizasen debidamente a inscripción e leven visible o distintivo entregado pola organización senón poderan ser obrigados a sair do percorrido mentres se desenvolva a marcha. Non se considerarán participantes aqueles que de forma intencionada faciliten datos falsos ó inscribirse. |
| 9. | A organización porá a disposición dos participantes servicios de asistencia sanitaria, mecánica avituallamientos e duchas no pavillon polideportivo de Panxón. Habera aperitivos e agasallos que se repartirán ó remate da marcha. |
| 10. | Cada participante será responsable dos seus actos tanto dentro como fora da marcha, debendo cumplir co regulamento de circulación (Ley de Seguridade Vial) xa que non será cortado o tráfico de vehículos nin de persoas. A Organización non asumirá responsabidades pola actuación individual dos participantes, incluindo accidentes e as súas consecuencias. |
| 11. | A inscripción nesta marcha conleva a aceptación do presente Regulamento en tódolos seus termos e as instruccións dos organizadores para o bo desenvolvemento da Marcha. |





























